Botará a andar, en maio, a primeira Liga da Regueifa de Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Antonio de Xornes e Lupe Blanco, nunha das regueifas dos Premios Galegos convocados por La Voz
Antonio de Xornes e Lupe Blanco, nunha das regueifas dos Premios Galegos convocados por La Voz BASILIO BELLO

O «terreo de xogo» destas batallas dialécticas por parellas serán locais hostaleiros que queiran colaborar

26 feb 2024 . Actualizado a las 19:49 h.

Sábado do mes de maio • Novo paso da concellería de Normalización Lingüística de Carballo para a promoción da regueifa no municipio e na comarca bergantiñá. Así, logo da creación da Escola de Regueifa, que está a piques de acadar xustamente un ano de vida e que vai a máis en alumnos de todas as idades, agora a través do servizo de normalización lingüística o que se porá en marcha é a primeira Liga de Regueifa de Carballo. Consistirá nunha competición por parellas, que se formarán ao chou, nun sorteo entre todas as persoas inscritas, o mesmo sistema de confección que se vén facendo dende hai tres anos nos Premios Galegos da Regueifa que promove La Voz de Carballo.

Os terreos de «xogo» no caso desta liga serán os establecementos hostaleiros que queiran sumarse á actividade como colaboradores e que, no mes de maio, os sábados ás 20.00, acollerán as eliminatorias. Os agasallos teñen tradición: pan de ovo nas disputas parciais e unha boneca para o gañador ou gañadora. Inscricións en snl@carballo.gal.