Cee únese á socialización infantil en lingua galega

La Voz CEE / LA VOZ

CEE

CEDIDA

Carballo, Ponteceso e Vimianzo son os concellos da comarca que xa formaban parte de Apego

18 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Cee, representado onte en Nigrán pola concelleira María del Carmen Díaz Freire, é un do sete novos municipios da comunidade galega adheridos Apego, o proxecto do que xa forman parte 30 municipios de Galicia e que persegue a socialización infantil en galego. Cee únese así a Carballo, Ponteceso e Vimianzo, que son os outros concellos da comarca que xa pertencían á iniciativa.

Apego busca, basicamente, que cada vez sexan máis os nenos que teñan o galego como lingua natal e, ademais, acompañalos no seu proceso de socialización ata os seis anos de idade, un contexto claramente regresivo para o idioma propio.

A valoración que fixo en Nigrán o colectivo sobre o traballo realizado ata o momento foi moi satisfactoria, porque xa son arredor de 2.000 as familias participantes neste proxecto. Cada unha delas recibe materiais infantís centrados nesta transmisión lingüística, pero tamén están moi centrados nas necesidades dos nenos nos primeiros anos de vida.