A colección de «O principiño» de Carlos Casares

La Voz

CERCEDA

A exposición permanecerá na localidade ata final de mes

21 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A sala de exposición Xosé Neira Vilas, da biblioteca de Cerceda, acolle ata finais de mes a mostra O principiño arredor do mundo. A colección de Carlos Casares. Trátase dos exemplares en distintas linguas da obra de Antoine de Saint-Exupéry que o seu tradutor galego fóra reunindo ao longo dos anos. Pódese ver de luns a venres (15.30 a 20.30) e os sábados pola mañá (10 a 13.30).