Un dos premios do proxecto Youtubeir@s vai para Malpica

La Voz

MALPICA DE BERGANTIÑOS

«Seis pasos para falar malpicán» obtivo a mención honorífica en calidade lingüística

28 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Guiso especial Anti-San Valentín e Prohibido plantar patacas: a praga da couza guatemalteca foron os dous traballos gañadores dos premios do concurso de vídeos na rede Youtubei@s, posto en marcha polos Servizos de Normalización Lingüística de varios concellos galegos, entre eles Carballo. O primeiro dos proxectos, realizado polas youtubeiras Corasón de churrasco acadou 1.000 euros na categoría de vídeo-facermos e, e o segundo, das youtubeiras de Teño unha horta en San Sadurniño, outro tanto, na categoría de vídeo-opinarmos. Tamén a Costa da Morte se fixo un oco nestes galardóns outorgados o venres pola noite en Ourense, posto que unha das mencións honoríficas (500 euros), a de calidade lingüística, foi parar ao IES Urbano Lugrís de Malpica, por Seis pasos para falar malpicán. Presentáronse ao certame máis de 200 traballos.