«Compartimos pasión por esta tierra»

f. rodríguez / p. blanco CARBALO / LA VOZ

MUXÍA

XESÚS BÚA

Presentan mañá en Muxía a súa obra conxunta «Conciencia máxica de ser anfibio»

13 jul 2017 . Actualizado a las 21:43 h.

Dúas muxiás, unha de nacememento, Mercé Barrientos, e outra de elección, a madrileña Susana Llorente, Yano Yoro, son as autoras do libro Conciencia máxica de ser anfibico. Once relatos de Muxía. A obra, prologada polo crítico de arte Antón Castro, presentarase mañá na localidade. Para el, Conciencia máxica de ser anfibio é «un libro minimalista, un opúsculo emocional co que a autora recupera o identitario dilema imaxinado por Gauguin no seu famoso cadro de 1897: «Quen somos? De onde vimos? Onde imos?». Para Barrientos, expresidenta da Federación Galega de Taekwondo, é súa primeira obra. Yano Yoro, pola súa banda, é unha artista especialista en sumi-e, escola de pintura china e xaponesa.

-¿Como nace esta colaboración?

-Susana: Todo parte de la amistad y de la pasión compartida por esta tierra mágica.

-Mercé: Si, e tamén hai que darlle a súa parte de responsabilidade a Antón Sobral, pintor do mar e case que o promotor desta idea. El coñecía a pintura de Susana e coñecía de forma anecdótica os meus relatos, porque algunha vez lle fixera chegar a algún. Foi o que se decidiu a xuntar nun crisol esta idea e a nós pareceunos marabillosa.

-¿Son relatos antigos ou escritos a propósito para a obra?

-Mercé: Foi unha mestura. Hai relatos no libro que datan de hai máis de vinte anos, son cousas que en momentos tiven necesidade de escribir. Unha época moi fecunda foi a do Prestige, cando alguén entra en crise absoluta e ve destruído todo o que ama. Logo, hai outros máis actuais.

-¿E as ilustracións? ¿Son para este traballo ou xa existían?

-Susana: Como a Mercé, me ocurre exactamente lo mismo. Algunas de las ilustraciones han sido realizadas para este libro, para algunas de sus historias, y otras que tenía en mi banco de imágenes encajaban perfectamente, porque al final hablábamos de lo mismo, de la pasión por este entorno, el viento, el mar, las piedras... A las dos nos une.

-Foi preciso un traballo de selección, por tanto.

-Mercé: Si, por suposto, hai unha escolla daquelas que nos pareceron máis interesantes, e logo hai tamén algunhas que nada máis velas as dúas absolutamente coincidiamos: «Isto, isto é». Por exemplo, no caso das ilustracións, a min paréceme absolutamente impresionante a da portada, porque é a esencia do que eu sentín cando me puxen a facer relatos para este libro, a infancia fronte ao mar.

-Vemos a unha nena fronte á inmensidade do mar.

-Mercé: Efectivamente.

-¿Doe a escolla?

-Susana: Sí, siempre duele [ríe]. Pero sencillamente se trató de buscar las que ilustraran mejor el texto al que se referían.

-¿Metéronse unha no traballo da outra?

-Mercé: A verdade é que tivemos un diálogo absolutamente coincidente porque viamos, no caso da obra gráfica de Susana, o mesmo. E ela, vendo os relatos, atopaba aquela imaxe que coincidía comigo. Foi algo sorprendente. Non houbo discusións sobre isto si, isto non. Un traballo moi agradable de facer.

-Susana: Fuimos con absoluta armonía, un proceso sencillo.

-Mañá, presentación en Muxía.

-Mercé: Si, tratamos de poñela moi tarde, para que a xente puidese facer as cousas e tranquilamente vir despois a estar con nós.

-Estrea na casa, ademais.

-Susana: Pues sí, creo que lo vamos a vivir como un encuentro entrañable. Mercé anda algo más preocupada que yo [ríe] porque su raíz con Muxía es mucho más profunda, y los lazos de amistades y familiares ,también. En Muxía yo llevo viviendo ocho años de forma continua, pero desde la primera vez que aparecí por estos lares ya han pasado veinte. Soy muxiana por elección: cuando pisé este lugar por primera vez, sentí que era de aquí, sentí la necesidad de vivir aquí, de ser golpeada por este mar y este viento. Aquí me quedé, a pulirme, como las piedras.

-Mercé: E eu son o contrario. Son a muxiá que como tantos de Muxía tivo que marchar. Somos un pobo de emigrantes e estamos, pero non estamos, e iso fai que as nosas raíces se fagan máis fortes, máis longas, pola necesidade de retornar.

Presentación e fin solidario. Mañá, venres, ás 20.45, na biblioteca de Muxía. Estarán as autoras, Mercé Barrientos e Yano Yoro, así como o escritor Xaime Toxo, o pintor Antón Sobral e o alcalde de Muxía, Félix Porto. Os dereitos de autor recadados coas vendas serán ingresados na conta que o Concello, a confraría e o santuario da Barca teñen aberta para a reconstrución do retablo principal da igrexa.