Avogados de Fondo, 90.000 euros a pufo

La Voz TRIBUNA ABERTA

PONTECESO

16 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Non me estraña que Fondo deixara o Concello arruinado con 5,5 millóns de débedas porque mente máis que fala. Cando chegamos había 90.000 euros de facturas xurídicas. Porque Fondo tiña uns avogados só para «asesoramento» que cobraban 1.400 euros por mes, pero despois contratáballes preitos, igual que facía con todo, sen crédito e a pufo. Con man dura negociamos unha quita de case o trinta por cen, pagámoslles e rescindimos o contrato. Fondo era experto en perder preitos. Tan só polos dous contenciosos que perdeu con Sogama, a minuta de avogados foron 9.000 euros e os xuros de demora outros 10.000, e houbo que pagar os recibos igual. Vaia negocio! Neste mandato, a Deputación xa nos defendeu con éxito en dúas demandas. O auto favorable dos eólicos, son 50.000 euros por ano de ingresos. No mes de novembro contratamos outros avogados con defensa xurídica. Se perdéramos o contencioso coa construtora (agora en vía penal) tiñamos que pagar 450.000 euros de golpe, mire vostede se lle paga a pena o gasto ao Concello. E non me veña con asuntos particulares, que aínda me lembro cando denunciou ao concelleiro Mato Pet por criticar unha comida de 3.000 euros a conta dos veciños, e vostede perdeu a querela lamentablemente. Amóseme a transferencia pagando os avogados e procuradores que levou. Se quere ver as facturas pendentes de pago, quedamos cando queira. Imos deixalas a cero neste 2017, coa colaboración de todos. Non é fácil cos impostos conxelados todo o mandato. Lois García Carballido, alcalde de Ponteceso.