Presentación en Ponteceso de «Badaladas de Anllóns»

La Voz

PONTECESO

ANA GARCÍA

22 jun 2017 . Actualizado a las 04:00 h.

Hoxe • 19.30 • Biblioteca municipal • Ponteceso • O carballés, aínda que afincado en Ribadeo, Farruco Graña regresa hoxe á súa comarca natal para facer unha nova presentación do seu último libro, Badaladas de Anllóns (Edicións Embora). Desta vez será o público pontecesán o que poderá coñecer por boca do propio autor a xénese e o contido dunha obra que recompila unha serie de relatos -algúns inéditos e outros premiados en diversos certames- escritos durante os últimos 10 anos e cos que fai tamén unha viaxe sentimental polas paisaxes de Bergantiños. A loita da xente do común por saír adiante é outro fío condutor deste volume. Graña estará acompañado polo edil pontecesán Carlos Penedo.