O actor visita hoxe Vimianzo xunto a Felipe Díaz Caxoto co espectáculo «Pindirico Show»
30 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.O público vimiancés poderá gozar esta tarde (18.30 horas, entrada gratuíta) dun divertido espectáculo para toda a familia que ten como un dos seus protagonistas ao cómico Pedro Brandariz.
-Unha interesante proposta para unha vila cunha gran actividade cultural.
-É certo que Vimianzo está programando moitísimo teatro e outras actividades a nivel cultural e iso é un pracer sempre.
-¿A quen está dirixida a obra?
-Quixemos facer un espectáculo para que os nenos e as nenas viñeran ao teatro; e claro, cando eles veñen, tamén arrastran aos pais e ás nais, así que preparamos unha peza para o público familiar.
-¿Xa estiveron con ela na Costa da Morte?
-Con este espectáculo é a primeira vez que estamos por aí, pero con outros non; de feito un xa está pensando en empadroarse nesa comarca porque son moitas as citas que programan todos os Concellos e temos a sorte de ter repetido con distintas compañías e espectáculos.
-¿En que formato se sente máis cómodo?
-Son un pouco de todo porque é o que toca. Síntome cómodo facendo tanto espectáculos para nenos, como monólogos para adultos, clown... O único que non se me dá moito é o drama porque non me vexo nel. Apetéceme sempre ir polo tema da comedia porque a linguaxe da risa é algo universal.