A Asociación PuntoGAL abre a segunda fase de solicitude de dominios

A CORUÑA

Está deseñada para grupos con dereitos preferentes

17 sep 2014 . Actualizado a las 09:22 h.

Despois de que en xullo se abrise a primeira fase para pioneiros e se acadasen un total de 93 dominios, a Asociación PuntoGal ven de poñer en marcha un segundo paso, que vai dirixido a aqueles grupos con dereitos preferentes e que queiran formar parte desta iniciativa para «visibilizar de forma clara o nosa lingua e a nosa cultura», según afirmou o presidente da entidade Manuel González, que presentou todos os datos deste novo proceso na sede da Real Academia Galega, nun acto que contou con seu presidente, Xesús Alonso Montero, e coa director xeral da asociación, Edita de Lorenzo.

Esta última foi a encargada de explicar as características desta nova fase de lanzamento, que porá en marcha dous programas, Abrente e Carreira. No primeiro deles se establecen cinco categorías que darán prioridade aos seus usuarios. As dúas primeiras, e por esixencias da ICANN (organismo que goberna as direccións de Internet), van dirixidas a marcas validadas na Trademark Clearing House, e a aquelas que non cumpren os requisitos para usar .gal, pero queren asegurarse de que a súa marca non sexa rexistrada por outra persoa aínda que non a vaian a utilizar.

Na terceira categoría de preferencia están o grupo máis importante, posto que se atopan as administracións públicas e entidades de promoción da cultura e a lingua galega, ademais de institucións como consorcios, asociacións, fundación e nomes xeográficos con relevancia. No cuarto nivel están las marcas rexistradas a calquera nivel con validez en Galicia e as denominacións de orixe; e na quinta categoría, se engloban calquera que tivese ata agora una web na que se promova a cultura e a lingua galega. Os prezos destes dominios oscilan entre os 50 e os 170 euros, e os prazos para rexistrarse rematan o 18 de novembro, salvo para os da terceira categoría que teñen una semana máis de prazo.

Polo que se refire ao programa Carreira, vai dirixido a aqueles que queren rexistrar un dominio .gal, e non poden incluirse en ningunha das categorías de Abrente, e o prezo ronda os 170 euros.