Sesenta mil verbas ditas en galego

CULTURA

A obra foi presentada polo seu autor, o profesor e académico Xosé Luís Regueira

14 sep 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Todos os profesionais que traballan co galego e os que queiran aprender a nosa lingua teñen xa unha nova ferramenta presentada onte en Santiago: un diccionario en liña coa pronuncia de 60.000 palabras na súa variedade estándar. A obra foi presentada polo seu autor, o profesor e académico Xosé Luís Regueira.