Cesa Alonso Montero e Monteagudo bota a andar o proceso electoral

La Voz

CULTURA

César Quian

As candidaturas á presidencia da RAG deberán ser presentadas por tres membros de número

18 mar 2017 . Actualizado a las 10:25 h.

A Real Academia Galega celebrou onte unha reunión plenaria -da que non se permitiu tomar imaxes; na foto, a chegada de Villares e Freixanes-, na que Xesús Alonso Montero deu por concluída «a súa etapa como presidente», indicou a entidade nun comunicado. Tamén anota que a partires da xuntanza «comeza o proceso que conducirá á elección da nova executiva». Despois da dimisión de Montero, é o secretario, Henrique Monteagudo, o que ocupa interinamente a presidencia e tamén se encargará de pór en marcha dito proceso electoral. As candidaturas á presidencia da RAG deberán ser presentadas por tres membros de número e, «para facelo, disporase dun prazo que remata 48 horas antes da data que se fixe para o desenvolvemento do pleno extraordinario de elección», lembran desde a RAG. foto César Quian