Premian ao exdeputado Francisco Rodríguez polo seu «servizo á cultura galega»

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

CÉSAR TOIMIL

A presidenta da Federación Galiza Cultura destacou a importancia dos seus traballos sobre Rosalía e sobre a situación lingüística de Galicia

21 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

«Hai que rematar con esa falsa ecuación de que cultura é igual a institucións», argumentou Pilar García Negro, presidenta da Federación Galiza Cultura, na presentación do premio nacional Galiza Cultura, que terá carácter anual e que recoñecerá, na súa primeira edición, o «servizo á cultura galega» de Francisco Rodríguez (exdeputado do BNG no Parlamento autónomo e no Congreso). Acompañada por membros da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a Agrupación Alexandre Bóveda, a Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Medulio, García Negro enxalzou, máis aló dos seus 12 anos de brillante representación de Galicia nas Cortes, o labor de Rodríguez como escritor e investigador e a súa «colaboración con diversas asociacións culturais». Tras eloxiar o «rigor» e a «honestidade» con que Rodríguez se desenvolveu na súa etapa de docente, «e con posterioridade», García Negro destacou a importancia dos seus traballos sobre Rosalía e sobre a situación lingüística de Galicia.