Cinco horas de músicas galegas, tradicional e actual, tratan de revitalizar a verbena en Sarria

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

MIGUEL VILLAR

A cómica Isabel Risco fará de mestra de cerimonias, e un picadiscos rematará unha velada musical que se estenderá por un tempo de cinco horas

22 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Un grupo de bandas musicais tratan de revitalizar a verbena galega ofrecendo un formato de festa que «recupera a tradición desvinculándoa das omnipresentes orquestras para lle devolver toda a súa autenticidade e variedade». Coa chegada do verán, probarán mañá este modelo en Sarria co máis animado da música propia, na que caben a un tempo a súa esencia popular e a contemporánea: Os Carapaus, a agrupación local Airiños da Freba e a banda O Sonoro Maxín (recente premio Martín Códax na categoría de reggae, ska e mestizaxe). A cómica Isabel Risco fará de mestra de cerimonias, e un picadiscos rematará unha velada musical que se estenderá por un tempo de cinco horas. Será a partir das dez da noite, no Campo da Festa, onde o público poderá vivir un San Xoán con sons que viaxan desde a tradición ao máis novo das músicas urbanas.