A longametraxe galega «Dhogs» seleccionada para festivais de Bos Aires e Londres

La Voz OURENSE / LA VOZ

CULTURA

Álvaro Vaquero

O anuncio fíxose no Curso de Medios Audiovisuais que se celebra en Celanova

06 jul 2017 . Actualizado a las 17:23 h.

Celanova acolle unha nova edición do Curso de Medios Audiovisuais que organizan a Fundación Carlos Casares e a Facultade de Ciencias Sociais e de comunicación da Universidade de Vigo. A segunda xornada de traballo centrouse de forma exclusiva na longametraxe Dhogs, de Andrés Goteira. Definida como «unha ficción multixénero de tinte fantástico», a cinta estrearase no vindeiro outono e o seu director adiantou onte no encontro de Celanova que xa foi seleccionada para participar en certames como o Bafici, de Bos Aires, e o Fright Fest de Londres. Director, produtores, actores -na mesa redonda estiveron Miguel de Lira, Morris, Melania Cruz e María Costas-, e responsábeis de son, música, distribución e comunicación desvelaron aos alumnos universitarios as diferentes facetas dunha produción independente.