A historia recente de Galicia, exposta na Coruña a través de 150 obras de Xaquín Marín

La Voz A CORUÑA / LA VOZ

CULTURA

A mostra que amosa a obra de Xaquín Marín foi inaugurada onte na Fundación Luís Seoane.
A mostra que amosa a obra de Xaquín Marín foi inaugurada onte na Fundación Luís Seoane. ANGEL MANSO

O proxecto foi inaugurado onte pola tarde

21 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A Fundación Luís Seoane de A Coruña acolle ata o 19 de maio a exposición Xaquín Marín, Humor Líquido Galego, composta por 150 ilustracións e cadros que constitúen un percorrido profesional e vital para trasladar ao visitante á historia colectiva recente de Galicia.

É un proxecto no que a Federación de asociacións culturais galegas Galiza Cultura leva traballando desde o 2022 e foi inaugurado onte pola tarde nun acto no que interviñeron o propio humorista gráfico e pintor Xaquín Marín, o presidente de Galiza Cultura, Xosé Manuel Carril, e Silvia Longueira, en representación da Fundación Luís Seoane. Logo, o protagonista fixo unha visita guiada polo seu universo creativo, con parada nos cadros e imaxes con maior significado.

A federación quixo facer unha coidada selección dos máis de 60 anos de profesión do humorista gráfico, pintor, caricaturista e artista.