As senior da Escola Local de Ximnasia Rítmica de Xove, campionas galegas

xove / la voz

OURENSE CIUDAD

CEDIDA POR MARIO EIJO

23 oct 2014 . Actualizado a las 15:25 h.

O pasado domingo as ximnastas senior da Escola Municipal de Rítmica de Xove proclamáronse campionas galegas.

O campionato celebrouse no pavillón dos Remedios de Ourense e foi aí nesta competición onde o equipo senior da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove logrou o campionato galego. O equipo está formado por Raquel Gómez, Pilar Vázquez, Noela Bouza, Lucía Fernández, Alba Balseiro, Javiera Duarte e Carla Liz. As entrenadoras son Ana e Cristina Iglesias. Agora toca o Campionato de España.