Todo listo para a primeira carreira en vertical en Barreiros

e. m. BARREIROS / LA VOZ

DEPORTES

Esperan que esta carreira en vertical chegue a consolidarse como a carreira das praias en Barreiros.
Esperan que esta carreira en vertical chegue a consolidarse como a carreira das praias en Barreiros. x. r.< / span>

23 oct 2014 . Actualizado a las 15:00 h.

En Barreiros son orixinais. Primeiro organizaron a carreira das praias, polos areais de Barreiros, e é todo un éxito de participación cada ano -alá por maio- que vai crecendo en cada edición. É unha carreira singular, distinta, de aí o seu atractivo tamén. Nas últimas edicións tamén participan os rapaces.

Pois agora toca outra carreira novidosa na comarca e probablemente na provincia: a primeira carreira en vertical, 4.400 metros de subida ata o cumio do monte Comado, en Barreiros.

Será este domingo, os participantes sairán ás once da praia de Arealonga, en Santiago de Reinante, xusto ao nivel do mar, para enfrontarse a unha subida de medio quilómetro de altitude, dura, de aí o seu nome, «carreira en vertical». Uns 4.400 metros de distancia pero de certa dureza, especialmente o último quilómetro e medio, preto do cumio. A recompensa para os que consigan subir será -ademáis do premio e da satisfacción- as espléndidas vistas ao mar Cantábrico.

Dende a organización explican que esta carreira é unha boa proba para iniciarse nas chamadas carreiras verticais, de montaña, que tanto auxe están collendo ultimamente fóra pero non así en Galicia; de feito, esta do domingo en Barreiros será unha das primeiras e agardan atletas de toda a provincia e de toda a zona. Hoxe é o último día para inscribirse. Informan en: http://mediokmverticalmontecomado.jimdo.com