Premios e un xantar con callos e churrasco para repoñer forzas e confraternizar

La Voz

DEPORTES

23 oct 2014 . Actualizado a las 15:00 h.

Para repoñer forzas despois do esforzo da subida ata o monte Comado, nada mellor despois que repoñer forzas cunha boa comida que disporá a organización no restaurante La Yenka a base de callos e churrasco; o prezo será de 15 euros; tamén haberá menú infantil. Os interesados en participar na comida deben avisar no teléfono 669-021561.

Participan na organización a comisión de festas de Santiago Apóstol de Reinante, o café bar Moderno, o hotel Ría do Masma, a peña barcelonista San Miguel, o CD Praias de Barreiros e Activot. Colaboran a área de Deportes da Deputación de Lugo, a través de Antonio Veiga; o Concello de Barreiros, a Xunta (área de Deporte e Saúde) e a agrupación de Protección Civil de Barreiros que velará porque a carreira discurra con total normalidade.

Hai que apuntar tamén finalmente que a inscripción para participar é totalmente gratuita; aínda hai tempo para os atletas máis preparados e para quen queira iniciarse neste tipo de carreira en vertical. A cita é o domingo ao pé da praia de Arealonga en Santiago de Reinante; apuntan bo tempo ademáis.