Derrota do XAV fronte á poderosa defensa do Jealsa Boiro

Vilagarcía / La Voz

DEPORTES

30 oct 2014 . Actualizado a las 04:58 h.

O plantel de Segunda Autonómica do XAV Cambados sufríu a pasada fin de semana unha contundente derrota a mans do Jealsa Boiro. Sostido sobre unha sólida defensa, o conxunto barbanzán estreaba o seu casilleiro de triunfos a costa do seu veciño do outro lado da ría, en tres sets que non deron lugar á dúbida tal e como reflicten os parciais: 25-12, 25-18 e 25-12.

Co mesmo rival, o cadro cadete de Liga Galega do XAV rematou tamén con derrota o seu duelo co Boiro, se ben nun choque do máis igualado con final 3-2: 25-17, 16-25, 25-8, 18-25 e 15-11. Polo demais, vitorias do resto dos cadros base cambadeses: XAV 3-2 Aldebarán (xuvenís), Zalaeta 0-3 XAV (Liga Galega Infantil) e XAV 3-0 Maniotas (Liga Zonal Infantil).