«O shiitake complementa rendas»

P. V. LALÍN / LA VOZ

DEZA

19 abr 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Santiago Liñeira Casal, presidente da Sat Fungocerga de Melide, difundeu onte en Lalín as técnicas de cultivo do setas shiitake e da micorrización.

-O consumo de shiitake está aumentando e na micorrización cada vez exténdese máis este tipo de plantacións, como a idea do coidado do medioambiente, o turismo micolóxico e o aproveitamento deste potencial para ter ingresos nas explotacións.

-¿Que valores ten o micorrizado no castiñeiro?

-Aproveitamos a castaña, as setas e a madeira. Dámoslle tres vertentes produtivas. Antigamente só tiña a da madeira e como moito dúas, coa castaña.

-¿Ten moito máis custo?

-O custo e superior pero o micorrizado incorpora abonado natural. A árbore disporá de nutrintes, vai medrar máis e redúcese algo o turno de corta.

-¿Que se está facendo?

-Nós na Sat Fungocerca xa fixemos 5 hectáreas de micorrización en masa común en Boimorto e varias máis en planta adulta en distintas zonas de Galicia.

-¿En Deza?

-De momento non pero xa hai interese. E, hai unha iniciativa en Lalín, a través do GDR, para micorrizar un monte de 15 hectáreas, de piñeiro e castiñeiro.

-A produción de shiitake precisa menos infraestructura...

-A produción en tronco faise sobre madeira cortada. Aconsellamos aproveitar restos de podas de carballo. É a mellor madeira. Os troncos de 1 metro e 20/30 centímetros de grosor son os idóneos. Aplicamos unha técnica de incubación, metémoslle o micelio e o tronco acabará producindo shiitake. Aparece como as setas silvestres porque é reproducir o que facían os xaponeses e os chinos na antigüidade e seguen facendo. É moi difícil vivir exclusivamente do shiitake cultivado en tronco, recomendámolo a explotacións para complementar as súas rendas e seguir no sector.

-¿Inversión mínima?

-O custo de incubacion dun tronco saile (1 metro de longo e 20/30 centímetros de grosor) sobre 10/11 euros, custo da estaquilla para transmitir o micelio, madeira e técnica incluídos

-¿Hai mercado e rendimiento?

-O mercado aumenta. Tamén se cultiva en sustrato pero o de tronco ten diferenzas organolécticas de calidade, testura e cor respecto a outros. Froiterías e restaurantes especializados e consumidores introducidos na micoloxía, demándano. Ten prezo similar o de setas silvestres. En plan maiorista baixa, pero en punto final de venda e cercanía son superiores. Unha estimación pode ser medio quilo por tronco e os troncos duran uns dez anos e dúas floradas ó ano, en primavera e outono.

-¿Unha explotación mínima?

-Aconsello empezar con poucos troncos, 10 ou 15, para ir collendo a técnica de cultivo. Despois, temos explotacións de shiitake, que nos lle comercializamos, con 80 ou 100 troncos co que xa van a ter uns ingresos complementarios. Podemos dicir que están contentas. Tampouco require moito traballo diario. Hai un traballo de facer unha inoculación e unha infugación que dura nove meses e a partir de aí, só regar e recoller as producións.

-¿Hai producción na zona?

-Estase introducindo. Nós en Melide temos 1.000/1.500 troncos en explotación.

-¿É fácil conseguir o micelio?

-Nós témolo, e tamén outras firmas en Galicia.

Santiago Liñeira presidente de sat Fungocerga e Ponente onte en lalín