O colectivo hosteleiro Lalín Marcha, que preside Tito Castro, recolle o 90% dos locais da noite da zona co obxectivo de dinamizar a movida lalinense
25 jul 2014 . Actualizado a las 15:06 h.Tito Castro Guerra é o dono do Bohemia e o presidente da asociación hostaleira de ocio nocturno que foi creada recentemente na localidade, Lalín Marcha. Reutiliza o nome dun programa de ocio e concertos impulsado polo Concello fai máis de unha década. A organización, que aglutina ao redor do 90 % dos locais da noite da zona, crease co obxectivo de dinamizar a actividade nocturna lalinense.
-¿Con que obxectivos nace esta nova asociación?
- Eu xa levaba tempo querendo facer algo semellante porque se queremos que isto salga adiante é moito mellor facelo en conxunto e no nome dunha asociación que facelo ti solo. Así que nunha cea de varios donos de pubs tomamos a decisión de facelo.
-¿Quen forma parte da organización?
-Agora mesmo estou falando só cos donos dos pubs da zona, estaremos uns nove ou dez xa. Pero a miña idea e que entre todo o mundo porque o colectivo da hostalería somos todos. Empezas tomando algo, logo ceas por aí e finalmente acabas nalgún local tomando unha copa. Ao final somos unha cadea. Polo tanto non estamos pechados no número, para nós mellor se chegamos a ser cen ou máis.
-¿Cal é o primeiro proxecto que ten Lalín Marcha?
-O primeiro obxectivo que temos agora mesmo é o de confirmar á asociación, que aínda que están os papeis mandados e non os temos no noso poder. Despois ter un contacto co alcalde, para ver se entre todos podemos facer cousas para que vaia saíndo todo para adiante.
-¿Pode Lalín volver a despuntar na noite galega?
-A verdade é que agora está complicado, porque nin Lalín nin ningún sitio está ben, porque todo está máis baixo. Pero eu penso que este municipio é un punto idóneo, é un punto céntrico de Galicia, temos uns arredores bos para que veña xente. O que pasa é que case fomos nós os que botamos a xente de Lalín e vai ser difícil recuperala. Pero por iso, facemos isto para darnos a ver e darlle un motivo á xente para que se quede con actividades, concertos,...
-¿Hai algo preparado xa para a festa de As Dores?
-Se todo vai ben, pode ser que antes das festas fagamos actividades e concertos para xa potenciar a noite, e se non esperaremos a que pasen As Dores para organizalo ben.
Tito castro Guerra Presidente de Lalín MArcha