Mestre de mestres

Alfonso Varela Durán

DEZA

26 nov 2014 . Actualizado a las 05:41 h.

O profesor Luna Sanmartín acaba de comunicarme a triste noticia do falecemento de Olimpio Arca. Dende a máis profunda emoción sinto a necesidade de poñer unhas letras para manifestar o meu sentimento pola perdida dun verdadeiro amigo, nobre e leal, e ao mesmo tempo para a cultura estradense en galega.

Olimpio, mestre de mestres instalado no pensamento da modernidade, foi quen de enseñar aos seus alumnos seguindo as luces da ilustración e moi próximo ao filósofo e pedagogo español Giner de los Ríos, creador e director do Instituto Libre de Enseñanza, e así practicou o ensino en directo coa natureza, rexeitando dogmas esterilizantes. A etnografía, a poesía, o teatro, actos literarios a prol da nosa lingua e as artes en xeral, foron as prioridades de Olimpio.

Fillo predilecto da Estrada con todos os merecementos, dinamizador da cultura estradense e galega, foi o mellor biógrafo de ilustres homes e mulleres estradenses que permaneceron anos e séculos na ignorancia e no olvido. Todo feito con intuición, talento e riguroso estudio.

A Asociación de Fillos e Amigos de A Estrada non esquecerá nunca a súa aportación culta e intelixente.

A súa dona Ana, as súas fillas Ana Esmeralda, Maka, María Jesús, Mónica e o seu fillo Olimpio, dicirlles que Olimpio estará sempre na miña máis fraternal lembranza.