Teresa Vázquez proclamouse gañadora da quinta proba do circuito galego de bádminton

La Voz LA VOZ | A ESTRADA

A ESTRADA

09 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

A xogadora do Club Bádminton A Estrada Teresa Vázquez proclamouse o pasado sábado gañadora da quinta proba do circuito galego de bádminton en categoría absoluta. A xogadora do C.B. A Estrada impúxose na final á súa compañeira de club Alba Vilas por un 21-14 e 21-11. Grazas a esta vitoria, Teresa Vázquez sube chanzos na clasificación xeral feminina, e pasa a ser cuarta clasificada empatada a 95 puntos con Andrea Fernández, do Club Bádminton As Neves. Na categoría xeral individual masculina o tamén estradense Alejandro Ramos é cuarto con 115 puntos, 15 menos ca Armando Portabales, do C.B. Los Sauces. A quinta proba do calendario galego estivo organizada polo Club Athlos, e contou con 70 participantes de sete clubes de toda Galicia.