Presentación da obra «Xe» na Estrada coa ilustradora Sara Valcárcel e a escritora Lara Boubeta

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

A ESTRADA

Oscar Vázquez

12 dic 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá ás 18.30 horas na Casa das Letras da Estrada preséntase Xe, unha obra publicada na editorial Galaxia escrita pola viguesa Lara Boubeta Bamio e ilustrado pola estradense Sara Valcárcel. O normalizador lingüístico Xosé Lueiro presentará o primeiro conto en galego para nenos e familias que aborda a intersexualidade e o non binarismo de xénero. Un libro que busca xerar un espazo seguro no que visibilizar e achegar a diversidade dende as idades máis temperás.