Juanca Rodríguez: «Pasei do pudor por vender o cupón a desfrutalo e dar premios millonarios!»

Por Olalla Sánchez

A ESTRADA

Sandra Alonso

17 mar 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Ni la lluvia ni las más de ocho horas que pasa trabajando en la calle, en su puesto de Porta Faxeira, le borran la sonrisa a Juan Carlos Rodríguez, el vendedor de la ONCE de 46 años a quien muchos, tras dar tres premios en tres años, conocen como «el hombre de la suerte». «En A Estrada, onde nacín e vivo, chámanme Curro, pero aquí, onde traballo, son Juanca. Así bautizáronme os mozos que, durante a pandemia e mentres percorría as terrazas, comprábanme o Rasca por un euro», afirma dicharachero, mientras no cesa de atender y bromear con una clientela que este año le ha aupado, con datos de la ONCE, a ser uno de los que más vende en Santiago. «É un orgullo. Aínda comecei no 2019...», evoca.

«Eu púxenme a traballar moi novo, con 14 anos, como camareiro, e, dende os 21, como empregado dun supermercado. Sempre estiven de cara o público», señala. «No 2014 tiven un accidente de tráfico, do que me quedaron secuelas físicas. Xubiláronme. Estiven cinco anos na casa e iso custábame por necesitar eu sempre estar facendo algo. Afilieime á ONCE, onde me ofreceron un primeiro traballo, que rexeitei. Dábame un pouco de medo e vergoña. Ao mellor non estaba aínda preparado…. Logo uns compañeiros xa me convenceron. Probei e é o mellor que fixen. Pasei do pudor por vender o cupón a desfrutalo e dar premios millonarios!», reflexiona agradecido. «Estou namorado deste traballo, sobre todo polos clientes, a quen dás alegrías. Eles trátanme de marabilla, arróupanme; a min gústame falar...», reconoce.

«O meu primeiro destino como vendedor da ONCE xa foi Santiago, na Praza de Galicia. Tras un breve paso por O Milladoiro, volvín, ao posto do Hospital Clínico e logo, durante dous anos e medio, a Praterías», añade, admitiendo que tras repartir allí en el 2022 el Sueldazo, cuyo premio ascendió a 1.600.000 euros, empezó ya a «ter bo ambiente». «Vender diante da Catedral foi un punto de inflexión. Coincidíronme, ademais, os dous Xacobeos. Coñecín a moitos peregrinos que, cando volven, xa te buscan. Unha é unha cuponera de Estepona coa que, en datas sinaladas, me intercambio cupóns», comenta y salta ya al pasado junio, cuando, tras jubilarse el vendedor anterior, llega a Porta Faxeira. Cinco meses después repartió allí 16,4 millones de euros.

«Tanto soñei e barrenei con que ía dar o sorteo do 11/11 que comprei para min dez terminacións. Ese día, na cama, vexo no móbil un número raro, que collín á terceira chamada. Era de Madrid para anunciarme o premio. O día seguinte foi todo unha tolemia, con xente chiscándome o ollo ao pasar polo posto; cunha clienta diaria que chegou chorando sen saber aínda que gañara 50.000 euros; cun chico de Cuba que o día anterior intentara regatearme o cupón e ese día deume tal abrazo que case me esmaga», apunta risueño. «Á malagueña a quen lle tocaron once millóns chamoume para agradecermo, igual que unha universitaria, a quen lle intercambiara o cupón por unha rifa. Que lle tocara a ela foi do que me fixo máis ilusión, así como premiar a clientes habituais, coma os hostaleiros. Varios xuntáronse para celebralo e chamáronme. En moitos bares non me deixan pagar», afirma, mientras aclara que él vende ahora, momentáneamente, por los locales del Franco y A Raíña. «A un empregado dun restaurante tocoulle en novembro e tamén este mes», prosigue, aludiendo a su tercer premio, con el que en marzo repartió 280.000 euros con el Cupón Diario.

«Os meus dous fillos están orgullosos, a pesar do tempo que paso fóra», desliza, anotando un lamento. «O frío e a chuvia aquí é moito. Non deixo de pensar no home cego que me precedeu. A el adícolle os premios», confiesa, apreciando aún así lo estratégico del puesto, a la entrada del casco histórico, y bromeando con su inmediatez a la administración de Lotería número 3, también abonada a la suerte. «A competencia é sa e necesaria. Favorécenos estar xuntos, e comprámonos un ao outro», subraya.

Sobre el éxito para vender, no duda. «É clave mimar á xente; ser detallista e vendedor. Eu, cando vin unha vez a Ayuso pola rúa, ofrecinlle un cupón e cando volveu, comproumo de novo», asegura, avanzando sentir un «formiguillo» de cara al sorteo del día del padre. «Un grupo xa veu exprofeso dende Cangas a por 20 cupóns», revela feliz.