Cortegada volta a rendirse ao mellor sabor da paella

amelia ferreiroa

LALÍN

Rober Amado

Las tarjetas para la fiesta pueden adquirirse hasta el día 26

22 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A parroquia silledense de Cortegada celebrará o vindeiro 28 de xullo a 17 edición da Festa da Paella. Un evento gastronómico para o que xa están á venda as tarxetas que se poden adquirir, ata o día 26, nos bodegóns Toneles, Trujillo e Esther, Agroservicios Alberto e Salón de Té Lecer de Silleda. En Lalín están á venda en Galopín e O Mordisco e tamén en panadería Mella de Cortegada. En todos os casos o prezo é de 10 euros, o mesmo que o ano pasado, para un menú a base de paella na súa correspondente cazola, queixo e marmelo, viño, auga, refrescos e café.

Dezasete anos desta festa gastronómico con fondas raíces na contorna; proba delo foi a asistencia o ano pasado de dous mil asistentes. «A idea era non pasar das 1.500 persoas pero a demanda está aí e a verdade é que, con tanta xente, estamos un chisco preocupados por se algo sae mal», puntualiza dende a organización Román Peña, que se amosa orgulloso do éxito que está mantendo o evento. Unha Festa da Paella na que no faltará a música para amenizar a velada que correrá a cargo do Trío Máster e da orquestra Jerusalén. O sábado a verbena estará amenizada por Cinema e New York.