A comarca rindeu tributo ó sentimiento máis autóctono

Noelia Silvosa
noelia silvosa FERROL / LA VOZ

FERROL

ANGEL MANSO

Ferrol, Narón e Fene realizaron as súas propias homenaxes á comunidade

25 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Como non podía ser doutra maneira, Ferrol conmemorou onte o día de Galicia a ritmo do seu himno. Fíxoo na praza que leva o seu mesmo nome, nun acto precedido e culminado pola actuación do Real Coro Toxos e Froles. Os seus cánticos podían oirse dende lonxe, entonando ós temas máis autóctonos para unha xornada que o requiría como ningunha outra. O alcalde accidental, Guillermo Evia, oficiou o discurso institucional pola ausencia do rexidor, José Manuel Rey Varela. Evia destacou o papel de José Fontenla Leal ante o seu monolito, afirmando que «sentou as bases da futura Academia Galega». Tamén dedicou unhas verbas ó accidente do Alvia, xa que a celebración «está tristemente vencellada dende o ano pasado á traxedia ferroviaria de Angrois». O BNG non asistitu, xa que considera que «estase a producir un proceso de recentralización».

Tralo discurso tivo lugar a ofrenda floral, na que participaron, ademais do alcalde accidental, Natividad González Laso, portavoz do grupo municipal socialista; Martina Aneiros, portavoz de la corporación local; Alejandro Langtry, concelleiro de Economía e Juan Fernández García, portavoz do grupo de Independentistas por Ferrol. Entre os asistentes tamén figuraban Alejandro Enrique Ferreira, o novo coronel do Tercio Norte e Ángel Jesús Casanova Martínez, comisario xefe de Policía de Ferrol. Narón tamén sumouse á celebración, aínda que non se tratou dun acto municipal. A conmemoración estivo organizada por TEGA e BNG por mor dun debate desenrolado no pleno onde tan so TEGA respaldou unha iniciativa dos nacionalistas que reclamaba o dereito a decidir dos galegos. O grupo municipal do PP amosou a súa preocupación pola «radicalización» de Terra Galega ó celebrar xunto ó BNG un acto de carácter independentista». Unha iniciativa que tivo lugar ó redor do monolito emprazado na rúa Alexandre Bóveda con motivo da declaración do dereito á autodeterminación, aprobada en setembro do ano 1991. So un lugar tan emblemático podía ser escenario da reivindicación da identidade nacional galega, ao que tamén acudiu o alcalde de aqueles anos, Antonio Martínez Aneiros. Pola súa banda, Fene rendeu a súa homenaxe a Galicia coa publicación da súa declaración institucional, un texto firmado pola escritora fenesa Mariola Hermida Romero. Son da terra húmida, das meigas e o mar espumoso / Galicia susurra o meu nome. / Galicia é moito máis cunha bandeira, moito máis cuns ideais porque detrás estaos todos os galegos e de nós depende que esta terra siga medrando coa nosa aportación. Tres versos que o din todo.

crónica día de galicia

A ofrenda de Ferrol recordou ás vítimas

do accidente

de Angrois

O acto naronés non foi iniciativa municipal, senón dos grupos do

BNG e de TEGA