«Queremos involucrar aos nenos»

andrea díaz FERROL / LA VOZ

FERROL

CÉSAR TOIMIL

A delegada considera que descoñécese a labor exacta que realiza o centro

27 ago 2014 . Actualizado a las 13:23 h.

Paula Gasalla (Ferrol, 1976) leva cinco meses ao fronte da delegación ferrolá da Sociedade Galega de Historia Natural, institución que se encarga de investigar, divulgar e protexer o medio galego.

¿Qué tal os primeiros meses como delegada?

Ben, entrei pouco convencida porque non entraba nos meus plans. No obstante, cando comecei a traballar, vin as enormes posibilidades que ten o centro ao ofertar unhas actividades das que carece o resto da cidade. Por exemplo, as familias con nenos non teñen en Ferrol un lugar ao que acudir para que os rapaces podan divertirse ao tempo que aprenden, ademais son moitos os pequenos aos que lle gustan os animais e a natureza.

¿Qué novidades incorporou neste tempo?

En primeiro lugar, estamos falando cos colexios para organizar excursións nas que os nenos non só veñan a ver o museo senón que tamén podan involucrarse co que facemos no centro. Mentres un grupo realiza o recorrido polas nosas instalacións, outro grupo estaría limpando ósos ou observando mostras a través do microscopio. Por outra parte, tratamos de potenciar os espazos expositivos para calquera que desexe compartir os seus cadros ou fotografías con temática medioambiental. Ademais, xunto con outras asociacións, tratamos de denunciar o malo sistema de depuración de augas da cidade.

¿Non é adecuado o proxecto actual?

O problema da ría é que tan só uns tramos contan con separativos de augas. De esta forma, se chega toda xunta ao mesmo sitio, os tanques de depuración, ademais de precisar máis enerxía, quedan pequenos e liberan a auga antes de que quede correctamente depurada. Así, as zonas de exclusión e contaminación da ría xamais quedarán limpas.

¿Hai interese na institución por parte da cidade?

Ante todo, hai que dicir que en Ferrol temos máis de douscentos socios, a metade dos que temos en toda Galicia. Con todo, hai moito descoñecemento sobre cal é a labor exacta do centro. Por iso, queremos achegarnos aos nenos, xa que eles despois cóntalles a experiencia aos seus pais.

Entón, ¿por qué non nos aclara agora o papel da sociedade?

Encargámonos da protección do medioambiente. Por exemplo, realizamos labores de investigación, levamos a cabo tarefas de recuperación tanto da fauna como da flora, xestionamos a irrupción de especies estrañas ou, incluso, podemos reubicar animais como as tartarugas. O problema é que, por exemplo, hai xente que nos chama para informar do trato que lle está a dar un veciño a un animal, e iso non é da nosa competencia.