Con la Iglesia hemos topado, Sancho

Eduardo Fra Molinero CAVE CANEM

FERROL

26 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A psicoloxía tiña que explicarnos por qué as almas cristiás van con máis entusiasmo cara á «dereita» que cara ao Paraíso. Contan que aconsellaron a Franco que expulsara de España a Monseñor Añoveros ( O nacionalismo vasco polo medio). Franco contestou : «Os recuerdo que la carne de cura es indigesta».

Quintanilla tiña rabo anticlerical e contábame esta anécdota e outras. Tamén dicíame: «Hai que ser prudente, aínda que che caia mal o crego. Peor sería que che caera na cabeza a campá da torre». Recibíramos invitación para asistir a beizón do Mar dende os xardíns de Herrera. Tamén tivemos unha visita eclesiástica (un vigario representante do bispo) para tratar con naturalidade o feito de que oficialmente o Concello non estaría na procesión do Corpus. Quintanilla desviaba os asuntos da Igrexa (poucos) para Cultura. E aí me tedes a min desenvolvendo mañas de xesuita nesa xunta con cregos.

De algo valía ter sido educado por eles. Os eclesiásticos comprendían perfectamente a separación Igrexa/Estado. A fe é unha «visión» persoal. Aquel Corpus foi de sol radiante. A ría brillaba coma un espello. Entre os moitos fieis había alomenos unha ducia de concelleiros cos fillos. Pertencer a unha comunidade nos ritos colectivos tamén conta.

E gozar daquel xardín, aquelas vistas e daquela liturxia tan fermosa tamén era un gusto. Semellaba que a maldade humana se suspendía por momentos. Despois do acto relixioso desapareceu a maxia e todos volvemos ás andadas. Mágoa.