O BNG rende en Ferrol homenaxe a Carvalho Calero e demanda a rehabilitación da súa casa natal

La Voz FERROL

FERROL

JOSE PARDO

A formación conmemorou o 34 aniversario do pasamento do profesor e lingüista ferrolán

24 mar 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O BNG de Ferrol desenvolveu este sábado unha homenaxe a Carvalho Calero cando se van cumprir 34 anos do seu pasamento e reclamou ao goberno local que proceda a tramitar a declaración da casa natal de Carvalho Calero como Zona de Especial Necesidade de Rehabilitación (ZER).

Iván Rivas, portavoz do BNG, afirmou que «Carvalho Calero é unha das personaxes fundamentais da historia, da cultura e da intelectualidade desta cidade e de Galiza polo que resulta fundamental que a súa casa natal sexa un lugar de referencia para o estudo da súa obra e para manter vivo o seu legado». Así mesmo cualificou de «incomprensíbel a actitude e a pasividade do goberno local no referente a situación da casa de Carvalho Calero».