«Sempre tiven a sensación de que o Racing podería loitar pola cuarta praza»

J.V. FERROL

AS SOMOZAS

ANGEL MANSO

Stili destaca que para os seus xogadores o partido é unha posibilidade de demostrar que poden seguir competindo na Segunda División B

22 abr 2017 . Actualizado a las 21:08 h.

O Somozas, xa descendido de categoría, chegará o domingo á Malata sen presión, tan só co pensamento de finalizar a tempada con dignidade. É un derbi comarcal e tratará de dar unha boa imaxe. Aínda que descendidos, esta campaña deixaron patente que poden competir con calquera clube da categoría. Stili, o adestrador, foi o encargado de mentalizar os xogadores de que hai que rematar a liga coa cabeza alta.

-¿Como ve o partido?

-O derbi é a festa de Ferrolterra entre os dous equipos máis representativos da zona. Nos, despois dunha tempada tan mala a nivel de resultados, tentaremos buscar a victoria e si a conquerimos será unha forma de reivindicar o traballo dos futbolistas. Sería unha despedida moi boa da Segunda B, xa que gañar na Malata é especial para o Somozas e os seus siareiros.

-¿Ve a o Racing no seu mellor momento?

-O Ferrol ten un problema desde hai xa moitos anos, que é a precipitación. É unha praza difícil e inflúe moito a inmediatez coa que se viven as cousas. Se o Racing houbese tido máis tranquilidade na etapa de Míchel, e incluso se na de Tena houbese menos ruído ao redor do clube, estou seguro de que se terían metido na fase de ascenso. Eu sempre tiven a sensación de que o Racing podía optar a esa cuarta praza na clasificación. Era un plantel o suficientemente bo para conquerir esa praza. Esa inmediatez na que vive ese clube non axuda. Creo que deberían de plantexarse este tema, aínda que tampouco son eu ninguén para dar consellos.

-¿Veu moito xogar a o Racing?

-É a miña obriga como adestrador, vino xogar moitas veces. O que cambiou agora é que hai menos présas e que todo se xogou un pouco. Tena soubo reconducir unha situación complicada, acertou en moitas das súas decisións e reactivou a o equipo. Comezou a medrar e agora está na mellor fase da liga, posto que había calidade.

-¿É un derbi diferente, sen tanta tensión?

-O Racing aínda se xoga a clasificación para a Copa do Rey da próxima tempada é nos queremos mantener a dignidade competitiva. Pese a que non conseguimos a permanencia, é un reto para o entrenador e os xogadores seguir competindo hata o final.

-¿Qué faltoulle ao Somozas esta tempada?

-Competimos con todos os rivais, aínda que non tivemos capacidade de gol e costounos manter a portería a cero de forma reiterada.

-¿Benefícialle ao seu equipo xogar na Malata?

-O campo de A Malata é o mellor escenario posible para os futbolistas. Nós temos xogadores de moi bo nivel e mañá o poden demostrar nun campo histórico. Ademáis, é unha boísima oportunidade para que os xogadores demostren que poden seguir na Segunda B. No Somozas non, evidentemente, aínda que si noutros clubes.

-¿Que opina do 8-0 que dixo Luisito que lle ía meter o Racing ao Somozas?

-Luisito vive os patidos dunha forma especial e o seu carácter lévao a cometer erros. En frío imaxino que non o diría.