O BNG acusa ao Goberno galego de non ter solucionado a situación da estrada de Cedeira

La Voz FERROL

CEDEIRA

CÉSAR TOIMIL

Critica que a poboación está condeada ao illamento

25 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A perigosa situación na que se atopa a estrada AC-556 no tramo que une os concellos de Valdoviño e Cedeira, leva anos sendo denunciada por usuarios e institucións. O BNG alerta da situación xa que considera que hai unha falla de compromiso por parte da Xunta para dar cunha solución urxente aos problemas da zona nomeada como curvas de Landeira.

Na última reunión da Consellería de Infraestruturas cos representantes dos concellos afectados anunciouse, en nome do Goberno autonómico, que se comezaría a estudar un proxecto para eliminar as curvas do tramo, indican os nacionalistas. Pero denuncian a falta de concreción do goberno ao que acusa dunha falta grave de compromiso coa seguridade viaria e dunha ausencia de sensibilidade coa poboación de Cedeira, á que esta estrada condea ao illamento, xa que moitos dos seus habitantes vense na obriga de percorrer esta estrada diariamente.