O programa Refórzate, de promoción de vida saudable, iníciase en Fene

La Voz FENE / LA VOZ

FENE

Ramón Loureiro

A iniciativa enmárcase no proxecto de prevención de condutas aditivas

08 oct 2023 . Actualizado a las 11:39 h.

Dentro do proxecto de prevención de condutas aditivas, que o Concello de Fene desenvolve coa agrupación de concellos de Mugardos e Neda, iniciouse esta semana o programa Refórzate. Está subvencionado pola Consellería de Sanidade e diríxese a alumnos de Primaria e Secundaria «para evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables entre o alumnado que permanece vinculado ao sistema educativo».

Os rapaces son derivados polos centros educativos, en colaboración coas familias e os servizos sociais municipais. Na primeira sesión do grupo de Primaria (dez alumnos), celebrada o xoves no CPI A Xunqueira, houbo reunión coas familias do alumnado participante para explicar a metodoloxía a utilizar, requisitos a ter en conta e presentación do persoal técnico que vai estar co grupo. O de Secundaria empezará a funcionar en breve.