Conta atrás para votar polo mural de Sfhir en Fene

La Voz FENE

FENE

Sfhir a la derecha, con su colaborador Fernando Heras ante su mural en Fene
Sfhir a la derecha, con su colaborador Fernando Heras ante su mural en Fene José Pardo

A obra opta a ser declarada a mellor do mundo

21 ene 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O mural de Sfhir en Fene loita por ser o mellor do mundo. E o Concello continúa animando a participar nas votacións da plataforma Street Art Cities. O prazo remata o 31 de xaneiro. Realizado na primeira edición do Perla Mural Fest, en agosto de 2023, amosa a unha violonchelista na fachada dun edificio en Perlío.

Para votar hai que entrar en www.streetartcities.com/awards/2023. E hai que clicar no botón co nome Cast your vote now. Despois elíxese unha obra en cada unha das tres categorías (a de Fene compite na primeira), e confírmase en correo electrónico.