Carballo Calero

Eduardo Fra Molinero CAVE CANEM

FERROL CIUDAD

21 jun 2017 . Actualizado a las 19:12 h.

Orgulloso si que era pero aprendín a ser menos. A oposición algo ten que dicir, pero aínda hoxe penso que non hai por qué opoñerse a todo por sistema. «¿Qué queredes que faga un concelleiro de cultura? Pois bibliotecas que ademais é de lei». Comprendo que poñíame un pouco pesado coas bibliotecas. A ocupación do Banco de España foi un éxito. Aquilo pareceu unha operación militar sorpresa. Daquela o Bloque me miraba mal. «Eu non promocionaba a cultura galega». Manolo Couce dicíame: «¿Pero qué tes cos do Bloque? ¿Qué lles fas?» Aquel Pim Pam Pum era un desgaste e non levaba a ningures. De súpeto tiven unha visión. Nada menos que se me Apareceu Carballo Calero. Non lembro ben o sitio da aparición. Algo remexeu a empresa de publicidade e deseño Item. Aga (Rubén, Lois. Bernardo e máis.). Seguro que eles levan conta de cómo foi todo. O concello financiou unha exposición sobre a vida e obra do escritor ferrolán. Era magnífica. Foi na caixa forte do Banco de España. Ademais levámola por varias cidades. Despois o concello nomeou a Carballo Calero fillo predilecto e convocamos o premio literario co seu nome. Como concelleiro de cultura ascendín a santiño con aura de santidade. Carballo Calero foi feliz coa homenaxe. Entre outras cousas porque entrou no Salón de Plenos do ganchete de Paloma Lago, tamén nomeada no mesmo día filla predilecta da cidade. Facían unha parella espléndida. Hai fotos do acto. Ela estivo cariñosa co vello e adicoulle palabras de louvanza moi finas. Hai actas.