Fernando Dopico: «Ao longo da súa historia, Ferrolterra pasou por momentos moi duros»

Ramón Loureiro Calvo
ramón loureiro FERROL / LA VOZ

FERROL CIUDAD

JOSE PARDO

Músico e investigador, defende a importancia de preservar o patrimonio cultural

20 jun 2017 . Actualizado a las 13:54 h.

Fernando Dopico (Ferrol, 1962) compaxina o seu labor como mestre gaiteiro -intérprete e, á vez, formador de centos e centos de novos músicos- cun intenso traballo no ámbito da investigación do pasado, que o levou a sacar á luz aspectos fundamentais da historia de Ferrolterra desde a Baixa Idade Media ata os tempos do barroco. Firme defensor da música, das tradicións e, en xeral, de todo canto ten que ver coa cultura de Galicia, é autor dun bo número de libros, entre os que hai desde unha biografía do gaiteiro fundador do Real Coro Toxos e Froles, Manuel Lorenzo Barxa, ata estudos históricos sobre algunhas das casas nobiliarias máis importantes do país.

-¿Que sería de Galicia sen a súa cultura...?

-Galicia, sen a súa cultura, tería deixado xa de existir. O feito cultural sustenta a identidade dun país. Galicia ten unha serie de feitos diferenciais, ben documentados, que en certos aspectos son comúns con outros países, pero que teñen a súa expresión diferenciada dentro do territorio galego. Como por exemplo a lingua, que dá cohesión ao país enteiro. Unha lingua xa brillantemente desenvolvida na Idade Media, cando foi unha das linguas cultas que se empregaban nos escritos literarios peninsulares. A lingua culta por excelencia do século XIII. E algo así tamén acontece noutros apartados, por suposto. Desde a música ata os vellos costumes, que ademais varían en función dos lugares do país nos que iso se desenvolve, creando matices diferenciais dentro dun pouso compartido por todos os galegos.

-¿A historia foi xenerosa con Ferrolterra?

-Entendida como comarca, no seu conxunto, pasou por etapas moi diferentes, como aconteceu noutros lugares. E dentro de cada época houbo etapas de maior florecemento que outras, segundo se desprende da documentación que se conserva. Pero, ao longo da súa historia, Ferrolterra pasou por momentos moi duros. -¿Onde están hoxe as maiores lagoas no coñecemento do noso pasado?

-Na pequena cantidade de elementos arqueolóxicos, arquitectónicos e monumentais que chegaron ata os nosos días, coa desaparición de construcións e edificios singulares de diverso tipo. Pero hai que dicir que igual que algúns deses elementos desapareceron, tamén outros se conservaron, e dentro do que cabe ata en bastante bo estado. E a nivel documental si que nos queda algo máis, por sorte, porque a partir do século XI temos documentación que, conforme o tempo pasa, medra cuantitativamente...

-¿Que lugar ocupa hoxe a gaita no ámbito musical galego?

-A gaita hoxe, coma sempre, é o instrumento nacional de Galicia. ¿Que máis se pode dicir...?

«Sen a sú