Moeche propón un verán moi activo para rapaces e adultos

LA VOZ MOECHE

MOECHE

CÉSAR TOIMIL

O Concello organiza cursos de natación, clases de tenis e ximnasi para adultos

17 jun 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Verán en Acción é a proposta deportiva do Concello de Moeche para esta temporada, pensada para adultos e rapaces. O prazo de inscrición abrirá o luns, día 19, na casa consistorial (de luns a venres, de 8.30 a 14.00 horas) ou na sede electrónica, e as clases botarán a andar na primeira semana de xullo.

A oferta inclúe natación, con cursos para grandes e cativos, e aquagym, para adultos (os prezos van dos sete aos 28 euros). Tamén organizan clases de tenis nas pistas de Trieiro, na parroquia de Abade, para menores de 18 anos (o custe é de sete euros por un mes e 13 por dous); e ximnasia ao aire libre, para maiores de 55, nas inmediacións do concello (por nove euros un mes ou 17 os dous).

A xente interesada pode informarse a través do correo daniel.feijoo@moeche.gal ou chamando ao número 981 404 006.