Obsequios e sorteos de varios lotes de produtos entre os asistentes

La Voz

SAN SADURNIÑO

29 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Todos os asistentes á Feira da Plantación de San Sadurniño recibirán un obsequio, unha planta de recordo doada pola empresa Vivergal S.L., que leva anos colaborando con este encontro. Quen se achegue mañá ao entorno do colexio público, onde se celebra a feira, recibirá unha papeleta con cada compra para participar nos sorteos de varios lotes de produtos, que se levarán a cabo ás dúas e ás sete da tarde, cando está previsto o peche do evento.

Obradoiros para rapaces

A feira comezará ás dez da mañá e, ademais da exposición dos viveiros (de planta ornamental ou forestal) e florerías, os postos de alimentación e artesanía, ofrecerá dous obradoiros para os rapaces, para aprender a decorar macetas nas que despois colocar as plantas.

A primeira quenda será das doce á unha e media e a segunda, das cinco ás seis e media, con 12 prazas dispoñibles en cada unha. Non é preciso anotarse con anterioridade, pero si se require que unha persoa maior acompañe aos nenos.