Pablo Veiga presenta o seu libro «A marcha de Anxo», o día 23 en San Sadurniño

LA VOZ SAN SADURNIÑO

SAN SADURNIÑO

A libreira Ana G. Gundín, no seu establecemento, a uns poucos metros do café Dzine
A libreira Ana G. Gundín, no seu establecemento, a uns poucos metros do café Dzine JOSE PARDO

A libraría Brétema é a que organiza o acto, que terá lugar no café Dzine

21 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Pablo Veiga, autor do libro A marcha de Anxo, estará o martes, día 23, na cafetería Dzine, en San Sadurniño. A libraría Brétema, de Ana G. Gundín, organiza esta presentación, que terá lugar ás oito da tarde.

Conta que Anxo é un neno de nove anos que vive nas aforas dunha vila galega, cos pais e unha irmá pequena. A tarde do último domingo de agosto colle a bicicleta e sae dar unha volta polo que ata ese día era o seu universo.

E nese paseo, prosegue a sinopse, empeza a lembrar personaxes, historias e situacións que forman parte da súa vida. Mañá todo quedará atrás, os amigos, os veciños e todo o vivido. El e a familia iniciarán un novo proxecto lonxe de todo.