«O tema das fusións paréceme unha medida equivocada»

Javier Benito
J. benito A ESTRADA / LA VOZ

FIRMAS

O alcalde de Cerdedo aposta por dar prioridade ao mantemento dos servizos básicos e fomentar o emprego

20 may 2012 . Actualizado a las 12:24 h.

O PP con José Balseiros como cabeza de cartel acadou os mellores resultados das comarcas nas eleccións do 2011. Unha victoria semellante á do 2007, cando posibilitou o deputado que permitiu manter aos populares a Deputación de Pontevedra. Balseiros percorre nesta entrevista desde as prioridades nun contexto económico difícil ao seu rechazo a fusión de concellos.

-¿Que valoración fai do primeiro ano de mandato?

A verdade é que non moi boa, xa que estamos nunha época moi difícil. Por una banda atopámonos coa difícil situación dos pequenos concellos, que ó non ter ingresos non podemos executar case nengunha obra ou inversión, tan só tentamos cubrir os servizos mínimos básicos. Por outra cada día, os alcaldes atopámonos con máis veciños que acuden as nosas oficinas a pedir colaboración en situacións desesperadas: comida para os seus fillos, un traballo, etc?

-¿A que proxectos tivo que renunciar e son prioritarios?

-Un dos proxectos que ainda non se poido iniciar foi o do polígono de Terra de Montes, que a pesar de estar incluido no plan de sectorización da Xunta, está a espera de que a entidade autonómica inicie o expediente correspondente. Sen lugar a dúbidas esta sería una importantísima actuación para minimizar os efectos que o paro está producindo e serviría de motor para a economía local.

-¿Que iniciativas se poideron levar a cabo?

-Pequenas obras e actuacións como a construcción dalgún local social, traídas de augas e alcantarillados, algunha dotación de mobiliario urbano, obras de humanización de espazos públicos e similares. O principal esforzo que se está facendo é para manter a prestación dos servizos básicos ós cidadáns.

-¿Que prioridades se marcarán agora?

-Sen lugar a dúbidas a prioridade máxima será o apoio e o fomento do emprego. Todos os esforzos das administración deberían ir encamiñados a plans especiais de emprego. E por outra banda ó mantemento dos servizos que presta o Concello, especialmente os dirixidos ás persoas máis necesitadas e con maiores dificultades económicas. Non é o momento de grandes obras e ou inversións, nin tan siquera de grandes festexos.

-¿Cal é a súa opinión do plan de axuste do Goberno central?

-Paréceme ben e oportuna a Lei de estabilidade presupostaria, que establece a tódalas administracións un límite de gasto, pero o que non é xusto é que as entidades locais se vexan obligadas a acudir a un plan de axuste cando outras administracións supramunicipais débenos cantidades económicas en moitos casos superiores ao préstamo que estamos obrigados a pedir. Se nos pagaran as débedas existentes, debido a subvencións, programas, convenios e similares, non teriamos que acudir a este plan, nin teriamos que recortar noutros servicios e ou actividades, festexos, en persoal, etc?

-¿Vai ser posible cumplir o programa electoral?

-Non, pero non so o noso Concello, senón que ningún outro Concello nin Administración. A prioridade de calquera aAdministración, debe ser sair da crise na que nos vemos inmersos. O fundamental agora non poden ser os proxectos individuais, senón colaborar co goberno do país na estabilización das contas públicas, o que implicará unha mellora da economía xeral e das familias.

-¿Como están os recortes doutras administración na local?

-Trátase dunha situación absolutamente traumática. Por un lado os concellos como administracións máis cercanas os cidadáns, son os principais prestadores de servicios públicos, pero a sua vez, son os que máis sufren os retrasos e os recortes nos ingresos doutras administracións. Ademáis a través dos concellos outras administracións puxeron en marcha servizos e infraestructuras que anteriormente financiaban, pero que agora nos obrigan ós concellos ten que manter e non son competencias municipais.

-¿É posible cadrar as contas?

-E moi difícil, pero hai que lembrar que en todo caso o total do déficit imputable ós concellos de España supón unha cantidade insignificante respecto o defícit total de tódalas administracións. En todo caso o obxectivo de cadrar as contas, non pode pasar por un aumento indiscriminado de taxas e impostos, que non me parece correcto perxudicar ás familias nesta situación na que estamos, senón que o máis razoable é a redución dos gastos correntes.

-¿É partidario das fusións?

-Rotundamente non. Paréceme unha medida absolutamente equivocada. Por un lado non hai ningún estudio riguroso nin independiente que acredite un aforro significativo con esta medida (por exemplo os funcionarios terían que seguir traballando noutros postos). Ademáis é un principio básico que a prestación de servizos débese de facer do xeito máis próximo o cidadán, pero hai un motivo que é especialmente importante en Galicia, como é que os concellos rurais e de menor poboación teñen unha importancia esencial na dinamización económica dos seus territorios, ademáis de que son e deberían ser máis no futuro, o motor principal para o crecemento demográfico nas suas zonas de influencia. Antes da fusión deberiase regular o funcionamento doutras administracións.

entrevista josé balseiros