Máis que o soño dunha noite de verán

FUGAS

Internet

Espectáculos procedentes de Reino Unido, Grecia, Alemania, Francia, Portugal e Lituania convivirán nos vindeiros de días en Ribadavia

14 jul 2017 . Actualizado a las 05:06 h.

Espectáculos procedentes de Reino Unido, Grecia, Alemania, Francia, Portugal e Lituania convivirán nos vindeiros de días en Ribadavia coas estreas, coproducións e funcións de compañías galegas e do resto do Estado. Grandes mestres do panorama internacional coma Suzanne Andrade ou Eimuntas Nekrosius comparten cartel con revisións da obra de Shakespeare, coa posta en escena de Valle-Inclán en galego e coa dramaturxia emerxente nun programa diverso, de calidade e para todos os públicos que enche a vila ourensá de teatro, danza, circo e artes da rúa.

A 33.ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) estruturarase en castro grandes bloques: a continuidade na aposta estratéxica do festival por prestar atención aos grandes mestres da escena mundial, a puxante tendencia de hibridación de xéneros escénicos, a atención á danza, ao circo e as artes de rúa e a posta en escena de Valle-Inclán en galego nunha función especial de clausura do festival, o 24 de xullo, coa representación de A cabeza do Dragón, a cargo de Producións Excéntricas.

A MIT arrinca ás oito da tarde de mañá co posta en escena do espectáculo Do not Disturb (mellor espectáculo de rúa e circo e mellor escenografía nos premios de Teatro Andaluz) a cargo da compañía Vaivén Circo, gañadora do Premio Nacional de Circo. Ás 23 horas no auditorio do Castelo porase en escena Golem, da compañía 1927 en coprodución co Festival de Salzburgo, o Théâtre de la Ville de París e Young Vic Theatre de Londres. A obra está escrita e dirixida pola prestixiosa dramaturga Suzanne Andrade.

Na xornada do domingo a compañía balear Circ Bover presentará Vincles, gañador no 2016 do premio Move Award ao mellor espectáculo de teatro visual de Europa, e Chévere interpretará Annus Horribilis, a montaxe coa que conmemora o seu 30 aniversario.