Ángelo e Tato abren o capítulo de reforzos na revolución emprendida polo Céltiga

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

FUTBOL GALLEGO

Cedida

06 jul 2017 . Actualizado a las 13:16 h.

Fiel ao seu hábito, o Céltiga agardou ata que a Federación Galega de Fútbol reabríu a tramitación das fichas para comezar a debullar os integrantes do seu novo proxecto na Terceira División. Un proxecto revolucionario, tras elevarse xa a trece o número de baixas, descartes e futbolistas retirados entre os que acabaron a pasada Liga lucindo a camisola do cadro illense no seu regreso á Terceira.

Desde as oficinas do Salvador Otero anunciouse onte o nome dos dous primeiros reforzos do plantel. Trátase do central Ángelo (Santiago, 24 de Marzo de 1988) e do mediocentro Jacobo Tato (O Pino, 18 de Novembro de 1989). Dous futbolistas moi experimentados na categoría. Edu Charlín, o seu novo adestrador, salienta de Ángelo a súa fortaleza no xogo aéreo, e a súa capacidade goleadora, con 5 tantos a pasada campaña. Compostela, Estradense, Santa Comba, Boiro e Negreira son parte da súa carreira.

No caso de Tato, trátase comenta Charlín, de «un todocampista, como digo eu, que pode xogar nas catro posicións do centro do campo e na mediapunta, con moi bo trato de balón e calidade».

O Céltiga procedeu ademais ás renovacións dos canteiráns Sergio, Javi e Álex Pena, de Paco, de Emilio e de Pichi, así como o paso do dianteiro Juan do plantel xuvenil ao primeiro equipo recén rematada a súa etapa de formación.

Alberto Rey e Javichu a Vilalonga

Tamén houbo movementos no Vilalonga. Coa renovación de Adrián Santos, e coas fichaxes de Javichu, interior dereito procedente do Portonovo, e de Alberto Rey, defensa zurdo de 23 anos incorporado do Choco.