Ana Sánchez: «Somos os que facemos o proxecto desde as bases»

Carlos Punzón
c. punzón VIGO / LA VOZ

GALICIA

XOAN CARLOS GIL

24 ene 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Asegura Ana Sánchez (Tui, 1975) que a súa proposta é a da militancia de base, sobre todo tras saber que un dos seus rivais ten o respaldo de Madrid.

-¿Por que Galicia precisa de Podemos? ¿Que plántea a súa candidatura?

-Podemos Cambiar Galicia trata de aportar unha democracia participativa, aberta e feita desde as bases.

-Non é unha diferenza insalvable coa outra candidatura.

-Somos os que facemos o proxecto dende as bases, foi feito pola xente, esa é a maior diferenza. Somos de toda Galicia e construímos un proxecto do que despois sae a xente da lista, pero naceu desde abaixo.

-Vostede foi elixida no consello de Vigo na lista oficial, e agora lidera a alternativa. Explique o salto.

-Defendo profundamente este proxecto por ser moi participativo, o mesmo que ocorreu no de Vigo, que foi aberto e configurouse entre todos os que quixeron.

-¿E non hai certo dirixismo desde Madrid na regulación interna e apostando por unha das candidaturas?

-Nós somos totalmente autónomos, facemos o que di a xente e non impuxemos nin deixamos impor nada.

-¿Podemos é de esquerdas ou debuxa outras coordenadas para abarcar máis?

-O eixo esquerda-dereitas ou nacionalismo-centrismo está superado. A realidade é que hai unha oligarquía minoritaria e privilexiada fronte unha maioría indefensa que padece os recortes e a emerxencia social. As ideoloxías non están no noso eixo central, a xente si.

-Entón, ¿poden ter xente de dereitas?

-Podemos é compatible coa xente que quere cambiar esta realidade insostible.

-¿É sostible ter un dirixente que cobra como Monedero?

-Deron todas as explicacións que tiñan que dar, non cometeron ningún delito, e a prensa debería ser máis obxectiva e non desviar o foco de atención, como pretende o Goberno.

-¿Prefire que Podemos forme parte de plataformas xa existentes para as municipais ou cree as súas propias?

-Eu quero que se faga o que diga a xente.