Breogán Riobóo: «Os actos da esquerda baleiraron o seu significado»

Carlos Punzón
c. punzón VIGO / LA VOZ

GALICIA

MARCOS MÍGUEZ

24 ene 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Breogán Riobóo (Narón, 1986) acaba de lograr que Claro que Podemos, o nome co que Pablo Iglesias acadou o liderado no seu partido, lle dea un respaldo que pode ser decisivo no pulso pola secretaría xeral de Podemos Galicia.

-Podemos insta aos seus candidatos a xustificar a emerxencia das súas propostas. ¿Cal é a de Galicia?

-Hai unha situación dramática que se percibe coa emigración da xente da miña xeración, que é máis ben un exilio económico pola imposibilidade de vivir na túa terra. Son necesarias novas formas de facer política.

-¿Hai tantas diferenzas como para que pugnen varias candidaturas por liderar Podemos?

-As diferenzas son positivas. Podemos é un proxecto plural, con moitísimas sensibilidades. Os outros partidos tratan de agochalas, nós non, todo é democrático.

-¿Cal é o ADN da súa candidatura?

-Abrimos as portas e relacionámonos cos movementos civís. Moitos van dar o paso de estar coa nosa lista como mellor forma de vincular a sociedade con Podemos. Non nos imos quedar vendo os embigos nos círculos.

-¿Ser a corrente oficial nestas eleccións é ser casta?

-En Podemos está claro que non hai castas. Temos un código ético que evitará que haxa casta en Podemos.

-Vostede provén do BNG e AGE, e quen liderou as dúas, Beiras, pídelle a Podemos que non sexa populista.

-Beiras ten a súa visión, moitas veces acertada. AGE fixo un bo papel no seu momento pero non soubo dar continuidade ao seu proxecto.

-¿Vostede é de esquerda ou deixou tamén de definirse?

-Cada un sentirase como queira, pero o principal é esa maioría social. Tense demostrado que nin o PSOE é de esquerda, ni o PP é so de dereitas, senón algo máis incluso. A esquerda ten perdido o seu significado polas súas actuacións que baleiraron esa palabra.

-¿Qué pode pensar un parado de Podemos de que Monedero ingrese 425.000 euros en dous meses?

-Á prensa gústalle buscar reviravoltas a todo o que pode. Quen está no paro do que está preocupado é de atopar traballo, non de Monedero.