O celtismo conmemora o 8M: «Por máis guerreiras na bancada»

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

M.MORALEJO

As peñas lanzan mensaxes en favor da igualdade e reivindicando o papel da muller

08 mar 2024 . Actualizado a las 17:43 h.

A afección do Celta sumouse á conmemoración do Día Internacional da Muller este 8 de marzo a través de diferentes mensaxes publicados por peñas. Tamén o propio club, que este ano apostou por dar voz á súa conselleira Xisela Aranda; á capitá do Celta de baloncesto, Sara Vidal, e a unha afeccionada e directiva da peña Fóra de Xogo, Lara Rodríguez.

https://twitter.com/RCCelta/status/1766027403887788314]]

Outros anos, nesta data, a afección aproveitaba para pedir a creación do Celta feminino, unha demanda que será unha realidade a vindeira tempada, segundo anunciou xa a presidenta, Marián Mouriño. Tamén é o primeiro 8M cunha muller á fronte da entidade, a primeira nos seus cen anos de historia que asume este rol.