Aposta pola ilusión

Xosé R. Castro FONDO NORTE

GRADA DE RÍO

CESAR QUIAN

13 mar 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Rafa Benítez foi a fichaxe estrela de Marián Mouriño no seu desembarco como presidenta do Celta. O técnico con maior currículo da historia que pasou polo banco do club vigués. Era unha aposta persoal que parecía ter patente de corso.

Pero, do mesmo xeito que non lle tremeu o pulso para aturar as primeiras cornadas, tampouco agora, cando faltan dez xornadas, para apostar por un adestrador da casa nun dos momentos máis comprometidos da historia recente do Celta. Claudio Giráldez leva tempo dicindo que está preparado para levar as rendas do primeiro equipo e agora toca amosalo.

No seu día, un club de culto como a Real Sociedade xa o fixo con Jaboga Arrasate, primeiro, e agora, con Imanol Alguacil. Os dous elevaron ao seguinte nivel aos txuri-urdin. Agora tócalle a Claudio salvar ao equipo da súa vida das rochas do descenso. El, que xa viviu situacións comprometidas dende a bancada, debe extrapolar a súa sabedoría do filial ao fútbol de elite. É a segunda, e última, bala de Marián.