¿Seguridade da comunicación en Internet?

Jesús Garrido

LA VOZ DE LA ESCUELA

22 millóns de españois navegan a diario por Internet con todo tipo de dispositivos
22 millóns de españois navegan a diario por Internet con todo tipo de dispositivos ALBERTO LOPEZ

Con frecuencia aparecen no periódico noticias que moven os pais e profesores a organizar cursos e debates sobre a mellor forma de axudar os nenos e adolescentes para que usen dunha forma intelixente a información que poden obter nos medios informáticos dos que dispoñen, ás veces sen control algún.

30 nov 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

1. O 72 % dos adolescentes din que os seus pais non controlan o seu uso de Internet

(La Voz, 13/10/2016) O 14,2 % afirman que a súa actividade na Rede provoca discusións frecuentes en casa. Internet, a ferramenta que cambiou o modo de comunicarse e de estar no mundo desde 1969. Sábeno ben os adolescentes galegos. Preto do 96 % utilizan a Rede de forma regular. O 92,5 % están rexistrados en polo menos unha rede social e case o 64 % están en tres ou máis. O perigo radica en facer un mal uso desa potente ferramenta.

  •  ACTIVIDADE: ¿Que facer ante a noticia de que o 72 % dos adolescentes afirman que os seus pais controlan moi pouco ou nada o que fan en Internet e tres de cada dez din ter visitado webs eróticas e ter contactado con descoñecidos?

 2. Decálogo para sobrevivir a Internet

(La Voz, 8/10/2016) España ten 30 millóns de usuarios de Internet, 22 dos cales navegan a diario con todo tipo de dispositivos, e 12 millóns de fogares con conexión á Rede. A diario descárganse catro millóns de aplicacións. Para promover un uso responsable e seguro de Internet, a Agencia de Protección de Datos e o Instituto de Ciberseguridad editaron unha guía breve en www.agpd.es. No caso dos menores, recoméndase, ademais de consultar varios manuais, coñecer as amizades e aplicacións que frecuentan, marcar regras e límites por idade e madurez e usar ferramentas de control parental.

  •  ACTIVIDADE: En diversas sesións de grupo cos alumnos pódese aplicar os programas editados por OSI e ParentNets propostos hoxe en primeira páxina.

 3. A policía examinará aos alumnos  de sexto de primaria de ciberseguridade

(La Voz, 4/10/2016) Os delitos do futuro xa están aquí e a seguridade informática en Internet preocupa ás autoridades de Vigo. Educar aos menores nos riscos da Rede é unha das prioridades e unha campaña escolar propiciou que os policías nacionais de Vigo explicaran aos alumnos como funcionan as redes sociais no mundo real.

  •  ACTIVIDADE: O programa www.ciberexoerto.org, desenvolvido pola Policía Nacional, está dirixido aos alumnos de primaria.

 

4. «Para combater a un ciberatacante hai que utilizar as súas mesmas armas»

(La Voz 29/9/2016). A estas alturas, todo o mundo sabe que ninguén na Rede é quen di ser e que a seguridade absoluta non existe. E sábeo mellor que ninguén David Barroso (Palencia, 1977), experto en ciberseguridade e creador da empresa CounterCraft, O debate é necesario tendo en conta que o ano pasado producíronse 4.200 ciberdelitos só en Galicia.

  •  ACTIVIDADE: Le a entrevista en La Voz (29/9/2016), escribindo na lupa da web o título deste noticia.