Ribadeo convoca con outros dez concellos galegos o concurso de vídeos en Internet Youtubeir@s

ribadeo / la voz

A MARIÑA

Participan Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Teo y O Grove

02 dic 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Ribadeo convoca xunto a outros dez concellos (Baña, Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Santiago, Teo e O Grove) e as tres universidades galegas o concurso de vídeos na rede Youtubeir@s, para fomentar o uso do galego en Internet. Poderanse presentar traballos ata o 28 de abril. O certame está aberto a todos os públicos, a partir de 14 anos, con dúas categorías: Vídeo-Facermos e Vídeo-Opinarmos. Máis información en www.youtubeiras.gal. Hai premios económicos de mil e 500 euros.