A feira da cienca amplia horizontes

La Voz

SAN CIBRAO DAS VIÑAS

24 sep 2014 . Actualizado a las 10:31 h.

Galiciencia 2014

Tecnópole vén de abrir o prazo de recepción de proxectos para a Galiciencia 2014. Os equipos de estudantes de secundaria, bacharelato e FP aspirantes a expoñer na maior feira científica que se celebra en Galicia poderán facer chegar as súas propostas ata o 26 de outubro para competir no proceso que levará á selección dos 50 participantes definitivos. Nesta novena edición da feira, que terá lugar entre o 19 e o 21 de novembro no Parque Tecnolóxico de Galicia, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas, a novidade será unha sección fóra de competición para proxectos elaborados por alumnos de primaria.

Ademais, este ano serán os rapaces e rapazas os que deseñen a imaxe da camiseta oficial da feira tecnolóxica, que será utilizada por todos os participantes durante a súa celebración. O prazo para enviar propostas é ata o vindeiro 15 de outubro.

n As bases de participación na Galiciencia 2014 están dispoñibles na páxina web de Tecnópole (www.tecnopole.es). O requisito fundamental é formar un equipo no que participen varios alumnos e un profesor e contar a idea en tres folios, xa se trate de proxectos experimentais e tecnolóxicos ou ben de traballos documentais.

O obxectivo principal desta feira é servir de punto de encontro para rapaces con ideas innovadoras e con ganas de compartilas e mostralas ao público.