As «matemocións» invaden Sigüeiro

Cristóbal Ramírez congostro@gmail.com

LA VOZ DE LA ESCUELA

Alumnos e profesores do CEIP Sigüeiro mesturaron as emocións e as matemáticas, obxectivos centrais do centro e da biblioteca
Alumnos e profesores do CEIP Sigüeiro mesturaron as emocións e as matemáticas, obxectivos centrais do centro e da biblioteca

O CEIP local celebra o centenario do nacemento de Martin Gardner cun mago e con moitas matemáticas nas aulas e nos corredores

22 oct 2014 . Actualizado a las 12:11 h.

Onte foi o centenario do nacemento en Oklahoma (Estados Unidos) de Martin Gardner, un divulgador matemático que se preguntaba cousas como «cal é a esquerda e cal é a dereita no cosmos» e que se fixo moi popular polos seus libros de matemáticas recreativas ao alcance de todo o mundo. E o equipo da biblioteca do CEIP Sigüeiro (concello coruñés de Oroso) decidiu celebralo por todo o alto: o centro enteiro (catro centos de alumnos) dedicáronse non só a resolver enigmas, senón que gozaron coa presenza do mago Xacobe, que con trucos matemáticos andou saltando de clase en clase. Ou sexa, que fixo matemaxia. Porque así lle chaman alí.

Ana María Otero, a coordinadora da biblioteca e alma inqueda como poucas, non quería recoñecer que case dúas semanas de traballo intenso se lle notan na báscula ?adelgazou, sen dúbida- e repite que todo o mundo se recuchiu por igual e que alí traballou desde a directora ata o conserxe. Así que non hai maneira de saber se o vocábulo matemocións e invención súa ou non. Explicalo o explica outra colega, María: «Este ano o tema que traballamos no centro é as emocións, e o tema en xeral das bibliotecas escolares de Galicia no curso que vivimos son as matemáticas». E intervén Pili, outra profesora: «E se batemos matemáticas con emocións... ¿que obtemos? Pois as matemocións». E tan contentas.

Contentos, si, quedaron os alumnos: durante días os deixaron xogar tanto con barallas como con placas de matrícula -números en todas partes- e para rematar, una xornada festiva acercándose a unha disciplina que ten moi mala sona, e que comprobaron que pode ser divertida e útil, aínda que Álex e Inés, cos seus 5 anos, non tiñan nin idea de que eran as matemáticas, pero tiraban felices os dados por todo o corredor dun dos dous edificios do CEIP.

Ana María Otero reflexiona: «Hai moitos nenos que cando estudan matemáticas din despois: ?¿E isto para que serve??. A través do xogo, de forma lúdica, observamos comportamentos, para que serven os algoritmos». ¿Punto final? «Non, queremos facer unha xornada de matemocións cada trimestre», aseguran as tres logo do éxito de onte. Moral non lles falta.